O programa “Galicia sabe aMar” da Xunta de Galicia incluiu un showcooking con pescada do pincho de Burela no stand da Consellería do Mar, que preparou a chef Criselda Iglesias (Tapería Lecer, Cangas do Morrazo, Pontevedra) co maridaxe de Castaña de Galicia e os Viños D.O. Ribeira Sacra.
Entre os asistentes á degustación atopábanse representantes de diferentes blogs e medios de comunicación, maioristas e directivos de mercados centrais, proveedores e responsables de cadeas de distribución, sumillers…
No acto, que estivo presentado polo xerente de OPP Lugo, Sergio López, e contou coa presenza de representantes da Consellería do Mar, como a Directora Xeral de Pesca e Acuicultura da Xunta de Galicia, Mercedes Rodríguez Moreda, puidéronse degustar as receitas: “Salpicón de Pescada do pincho de Burela” e “Pescada do pincho de Burela con puré de tubérculos, Castaña de Galicia e Lacón Galego”.
XORNADA «POSTA EN VALOR DOS OFICIOS DO MAR»
OPP Lugo organiza este xoves a xornada «Posta en valor dos Oficios do Mar», que terá lugar no salón de actos de ABSA ás 11 da mañá e recibirá a uns cen alumnos e alumnas de 4º ESO dos centros educativos de Burela.
A Organización de Produtores do Porto de Burela busca con esta iniciativa incentivar o interese xeral e sobre todo dos xoves por formar parte do futuro do sector pesqueiro.
Os directores das Escolas Náuticas de Ferrol e Culleredo presentarán aos alumnos as diferentes opcións educativas e formativas dos seus ciclos náutico-pesqueiros. Tamén se presentarán experiencias reais de armadores, patróns, xefes de máquinas ou alumnos en prácticas; así como mulleres profesionais da pesca que contarán as súas vivenzas sobre a incorporación da muller ao sector pesqueiro.
Estas accións inclúense no Plan de Produción e Comercialización anual de OPP Lugo, e contan coa cofinanciación da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo da Pesca.