Site icon Crónica3.com A Mariña

“A Mariña” conmemora o Día Mundial da Saúde Mental

Cervo, 7 de outubro de 2021. O 10 de outubro conmemórase o Día Mundial da Saúde Mental, celebración que conta co apoio da Organización Mundial da Saúde (OMS). O tema elixido a nivel mundial para esta conmemoración é “A SAÚDE MENTAL, UN DEREITO NECESARIO. MAÑÁ PODES SER TI”, defendendo o dereito á saúde mental como un atributo universal e necesario.

A este propósito, durante este mes de outubro, numerosas asociacións de familiares e persoas con problemas de saúde mental de Galicia conmemoran dita data con diferentes actividades para trasladar ós poderes políticos, axentes sociais e sociedade en xeral, as reivindicacións e necesidades do colectivo.

Asimesmo, dende a Asociación de axuda ó Enfermo Mental “A Mariña” poñeremos en valor a importancia do coidado da saúde mental. A pandemia fixo máis palpables e evidentes as desigualdades e a vulneración dos dereitos humanos.

Reclamar a saúde mental é un dereito de todas as persoas, independentemente da súa situación persoal, económica, educativa, social….. Un primeiro paso para lograr o acceso equitativo a unha saúde mental de calidade, con Planes individualizados de atención, sería vencer a desigualdade económica. Para iso, chamamos ós poderes públicos ó diálogo, para que conozan as nosas necesidades, e para reclamar que a pobreza non sexa un factor de risco á hora de cronificar un problema de saúde mental.

Tamén habería que facer frente á desigualdade de xénero e á múltiple discriminación cara as mulleres con problemas de saúde mental, de ahí que parte dos usuari@s da “Mariña” saen hoxe en brazos con esta mensaxe “A MARIÑA POLA IGUALDADE”. Aínda que queremos destacar que estamos moi orgullosos de contar coa primeira vivenda tutelada para mulleres vítimas de violencia de xénero, con enfermidade mental, proxecto pioneiro apoiado dende o primeiro intre pola Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella.

Os actos propios que faremos para conmerar dita efeméride o próximo domingo onde os verdadeiros protagonistas, coma cada día, son os nosos usuari@s, será a Inauguración da Exposición da Aula do Mar na casa da cultura de San Cibrao ás 12:00 da mañá, precisamente para dar visibilidade ó gran traballo que levan facendo nesta aula inclusiva, a primeira aula do mar inclusiva de Galicia. Estamos moi agradecidos ó Concello de Cervo e en particular á Concelleira de SS.SS , Pilar Armada, por facilitarnos tanto a Sala como todo o necesario para que sendo un domingo poidamos celebrar este acto.

Ademáis, o noso Presidente, Jorge Manchado fará a lectura do manifesto do día Mundial da Saúde Mental. Máis tarde trasladarémonos ás instalacións da Unidade Residencial, para ás 13:00h presentar un novo proxecto “Sabores do Mar, Saborando a vida”, onde tamén se lerá o proclama do DMSM e terán as intervencións distintos invitados así como usuari@s dos distintos dispositivos.

Ademais de celebrar ese día especial temos numerosas actividades planificadas ó longo de toda a semana: Excursións como o próximo día 14 que viaxamos a Lugo a través do programa da Deputacion de Lugo “Coñece a túa provincia”, guateques, actividades onde se traballan as emocións e ademais son emocionantes!!

Así antes da inauguración da exposición participarán na actividade “unha rede de emocións”, tamén o día 13 participarán na actividade “Emocionarte” e o día 15 na “Arbore da Vida”. Ámbalas tres, actividades en colaboración co Museo do Mar de San Cibrao a quen estamos moi agradecidos por brindarnos sempre a súa axuda rodeada de ilusión e empatía.

Asociación A Mariña
A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña naceu en 1999 e foi fundada por familias afectadas por problemas de saúde mental que uniron os seus esforzos para loitar por un obxectivo común: lograr que aos enfermos mentais e ás súas familias se lles preste unha axuda e asistencia continuada, buscando a integración dos mesmos na sociedade e traballando, para iso, na súa rehabilitación Psico-social e Laboral.

Actualmente conta con máis de 200 socios colaboradores e con 112usuarios, que se benefician dos servizos prestados nos Centros de Rehabilitación Psico-social e Laboral de Burela e de Ribadeo, no piso protexido sito en Burela, na vivenda tutelada para mulleres vítimas de violencia de xénero e na Unidade Residencial de Cervo.

Exit mobile version