Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación colabora con Barreiros na renovación do equipamento informático do Concello para mellorar a atención á veciñanza

Lugo, 21 de outubro de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou xunto a Alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida Igrexas, un convenio de colaboración entre ambas institucións para a renovación do equipamento informático da casa consistorial do municipio mariñán. Ao acto tamén asistiu a Tenente de Alcaldesa, Carmen Veiga. A través deste convenio, a Deputación achega 25.000€ en dúas anualidades para a compra do material, que permitirá mellorar a atención á veciñanza.

Pola súa banda, o Concello asume 1.315€ para os equipos, entre o que se atopan 16 ordenadores, 14 monitores e un ordenador portátil, pero tamén licenzas de programas ofimáticos ou antivirus, entre outros elementos. Todos os programas e material adquirido facilitarán aos traballadores e traballadoras municipais o desenrolo das súas funcións diarias.

A Deputación de Lugo colabora cos concellos para ofrezan máis e mellores servizos públicos aos veciños e veciñas. A institución provincial achega a Barreiros, a través do Plan Único, máis de 275.000€ para o fomento do emprego, impulsar o Servizo de Axuda ao Fogar ou inversións en infraestruturas, entre outros obxectivos.

Exit mobile version