Esta iniciativa terá lugar no Salón Municipal de Conferencias (antiga biblioteca) a partir das 19:00h e a asistencia é aberta ao público en xeral. Dende a Asociación de Montes de Burela animamos a todos os veciños do concello e do resto da Mariña a que acudan a esta xornada, agardando que serva para coñecer as distintas particularidades da nova Lei de Recuperación da Terra Agraria de Galicia, así coma as posibilidades de desenvolvemento para o noso monte.