Xove, 20 de setembro, 2021. Hai uns días deron comezo as obras de reforma integral do parque infantil de Xove, que está situado no cruce entre a Avda Diputación e a rúa Doutor Baamonde Illade.
As obras foron adxudicadas en concurso público á empresa Instalaciones Bahía, por un importe total de 114.671,06 €. Éstas consistirán nunha remodelación integral de todo o espazo, incluindo unha zona de xogos cuberta que amparará diversos xogos para lecer dos nenos incluso en días de mal tempo.
Ao mesmo tempo ante a demanda veciñal e o aumento de población infantil nestes núcleos, vanse crear dúas novas zonas de xogos: unha na parroquia de Portocelo, concretamente no Centro Social de Vilachá onde en breve se iniciarán os traballos de acondicionamento de unha pequena zona diante do Centro Social, adaptando o espacio para deixar libre a boleira onde se desenvolve o campeonato municipal de bolos. E tamén a creación de outra pequena zona de xogos nas inmediacións do Centro Social do Cruceiro, na parroquia de Xuances.
A maiores tamén operarios municipais teñen previsto traballos de mantemento dos xogos xa ubicados nos Centros Sociais de Sumoas e da Vara.
Dende o Concello aproveitamos tamén a ocasión para pedir aos usuarios e usuarias do parque situado frente ás instalacións do Centro Cívico a un uso racional e coherente tanto dos aparellos infantís do parque como do mobiliario existente despois dos numerosos estragos ocasionados durante a época estival.