A trama da novela transcorre, na práctica totalidade, durante o verán do ano 2019 en Foz e na Mariña (Mondoñedo, Ribadeo e Barreiros), incluíndo unha incursión en Lugo. Os dous personaxes principais son Dani, un solteirón da vila atormentado e Merce, unha veraneante madrileña que sae dun divorcio traumático; o fío argumental trata da súa relación, dos seus traumas presentes ou pasados e da importancia da amizade como vencello terapéutico. O elenco complétase con personaxes secundarios que bordean os 40 anos, coas contradicións e angustias propias deste tempo. Por outra banda, a novela ten varias chiscadelas ao místico, o espiritual e á idea de superación persoal.
O libro está redactado en galego baixo o formato de autopublicación en Amazon e ten un total 174 páxinas. está dispoñible en formato de tapa branda (10,39 euros) e kindle (6,99 euros).