Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha muller foi excarcerada logo de saírse da vía o coche no que circulaba en Abadín

Abadín, 8 Setembro, 2021. Unha muller resultou ferida esta mañá ao rematar fóra da vía o coche no que viaxaba no termo municipal lucense de Abadín.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, a muller e única ocupante do turismo tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba, ao quedar atrapada no interior do vehículo, para que fose atendida polos servizos sanitarios desprazados.

O accidente produciuse na estrada que une Moncelos e a Pastoriza, ao fío das nove e media.

Foi a esa hora cando o 112 Galicia recibiu a alerta do sinistro a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da vía de circulación.

Exit mobile version