Site icon Crónica3.com A Mariña

Seguen as actividades da Semana Europea da Mobilidade en Burela

Este venres foi instalado un stand informativo xunto ao Punto Limpo Móbil. Os veciños e as veciñas que se achegaron ata alí foron agasallados con abrebotellas e co teléfono do Punto Limpo “ao que hai que chamar para a recollida de enseres”, explicaron desde a Concellería de Medio Ambiente. O sábado, tivo lugar unha Xeoruta pola Marosa e tamén se celebrou un taller de marcapáxinas, entre outras actividades. O domingo foi o Día sen Coches.

Exit mobile version