O venres 10 de setembro, ás 20:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura, terá lugar a reunión informativa para todos os interesados en participar este curso nas Actividades deportivas para adultos: ioga, aeróbic, xinmasia de mantemento e baile que se impartirán desde principios de outubro ata finais de maio. Asistirán o Concelleiro de Deportes, César Marrube e a Tenente de Alcalde, Arantxa Incera para informar dos horarios, lugares de realización, funcionamento, protocolos COVO-19, etc. así como para aclarar dúbidas que poidan ter os interesados en participar. As inscricións abriranse o 13 de setembro ata o 13 do mesmo mes, realizándose no Rexistro do Concello.