Cervo, 7 de setembro de 2021. O Concello de Cervo reabriu o vaso a piscina olímpica municipal este luns, 6 de setembro.
Avanzou David Rodríguez, o edil de deportes, que desde o día de onte están dispoñibles o vaso e o ximnasio público, dos que as persoas usuarias poderán facer uso “sempre a través de reserva vía telefónica a través do 982594512”; para poder ter un control exhaustivo do aforo, que será limitado.
O horario da piscina será de luns a venres en horario de 09:00H a 15:00H e de 16:00H a 22:00H; e os sábados de 09:00H a 13:30H e de 17:30H a 20:30H.
O concelleiro avanzou tamén que “nos vindeiros días daranse a coñecer os diferentes cursos que se impartirán na piscina na temporada 2021-2022 cos seus respectivos horarios”.
O responsable de deportes apuntou que “durante este tempo no que nos vimos obrigados a pechar a piscina, estivemos acometendo diversas tarefas de mantemento e adecuación. Ademais vimos de substituír a iluminación do vaso, conseguindo así unha mellor eficiencia enerxética e fixemos tamén labores de renovación e pintura en diferentes partes da instalación, ademais de adaptar a saída de emerxencia para mellorar o acceso a persoas con mobilidade reducida”.