Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentada a reedición do libro O Camiño de Santiago de José Luis Trashorras, quen fora alcalde de Ribadeo

Ribadeo, 4 de setembro de 2021. O salón de plenos do Concello acolleu esta tarde a presentación da reedición do libro O Camiño de Santiago de José Luis Trashorras, quen fora alcalde e membro da Corporación Municipal de Ribadeo entre os anos 1979 e 1987.

Familiares, compañeiros e veciñanza de Ribadeo asistiron ao acto, que se encargou de conducir o cronista oficial, Eduardo Gutiérrez, e que presidiron o alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Cultura, Pilar Otero.

A edil ribadense dixo que “quixemos homenaxear e lembrarnos de José Luis Trashorras nestas non festas facendo unha reedición deste romance, que foi traducido ao galego”.

Aquelas persoas que queiran facerse con algún exemplar de O Camiño de Santiago poden dirixirse á oficina de Concellaría de Cultura, situada na Casa del Viejo Pancho.

A programación do Concello de Ribadeo para rememorar as festas patronais arrincou esta mañá co pasacalles que ofreceu o Cuarteto Illa Pancha, seguiu esta tarde coa presentación do libro e coa Noite de Blues, que protagonizarán Martins Aneiros Band e Travelling Brothers.

Mañá, 5 de setembro, actuará a Banda A.C. Os Xoglares de Lemos O Folión ás 13:30 horas e ás 20:00 haberá pasacalles de Os Misturos.

Rememorando as Patronais seguirá ata o 8 de setembro, Día da Patroa.

Exit mobile version