Burela, 16 de setembro, 2021. O ala zurdo José Antonio Capón Lamas, máis coñecido como Porto, defenderá o Soliss FS Talavera en 2021-22 despois de chegar a un acordo co Pescados Rubén Burela FS para a súa cesión.
O xogador de Portomarín, de 24 anos, que regresou a Burela esta pretempada despois de militar no Noia Portus Apostoli e Santiago Futsal nas dúas últimas campañas, volverá coincidir co alfocego Juanma Marrube, á fronte do conxunto de Segunda División; ambos compartiron vestiario en 2018-19 co ascenso do Pescados Rubén Burela FS.