O informe da AXI, é o último que falta para que PXOM de Viveiro poda ser aprobado no Pleno da Corporación Municipal, e así, dunha vez por todas, Viveiro poda contar cun ordenamento urbanístico actualizado.
Nos días previos á reunión coa AXI, os independentes de Por Viveiro, a través do seu portavoz municipal Bernardo Fraga, mediaron, por separado, entre o goberno municipal e o Partido Popular de Viveiro, co fin de desbloquear quince anos de atraso no noso planeamento urbano.
Tanto a Alcaldesa de Viveiro María Loureiro, como o Portavoz do PP, Óscar Rodríguez, mostraron a súa disposición para chegar a un acordo que puxese fin ao bloqueo do Plan Xeral de Ordenación Municipal, acordo que se veu reflexado na reunión do día de onte.
Bernardo Fraga, declarou no día de hoxe, “Temos que agradecer a boa disposición do goberno municipal para avanzar e aprobar o Plan Xeral, así como as xestións ante a AXI e a Xunta de Galicia do portavoz do PP Óscar Rodríguez, ambos fixeron posible acadar un acordo coa Xunta de Galicia e o desbloqueo definitivo da tramitación do PXOM”