Tras a reunión interparlamentar celebrada en Vigo, a portavoz nacionalista avanzou un decálogo de prioridades, dentro da axenda 21-24, que será remitido a todas as institucións con medidas para a recuperación económica, reforzo da sanidade e o ensino públicos, defensa dos sectores produtivos, axenda verde, fortalecer o autogoberno e alternativas contra a “estafa da luz”.
Ante os medios de comunicación, a líder do BNG trasladou as liñas de traballo prioritarias no Parlamento galego, estatal e europeo fronte ao papel das forzas estais que comparten “unha visión centralista e un papel subordinado de Galiza”. Unha ofensiva “sincronizada” tras as ensinanzas da crise. Para o BNG, recalcou, a prioridade é fortalecer os servizos públicos e a reversión das reformas regresivas aprobadas polo PP en materia de dereitos laborais e democráticos.
Urxe poñer en marcha novas políticas
Pontón fixo fincapé na necesidade de cambiar “as vellas políticas” e iniciar unha nova senda con alternativas que permitan a recuperación económica e para iso, dixo, é importante que “Galiza reciba até o último euro que lle corresponde dos fondos Nex generation” ao que sumou un novo modelo de financiamento e uns orzamentos que non discriminen a Galiza. Nesta liña, tendeu a man ao PSOE e Podemos cara uns orzamentos xustos con oso país.
“Ante a pasividade de Feixóo”, explicou que o BNG inicia o curso político con alternativas para a recuperación económica e será “o altavoz” das demandas da sanidade pública, o ensino e contra “o boom eólico” depredador”. Esta ofensiva “sincronizada” nos tres parlamentos vai encamiñada á defender “os dereitos sociais e servizos públicos así como medidas reais contra “a estafa da luz” entre as que destacou “unha tarifa eléctrica galega” para cuxa creación o BNG defenderá no Parlamento galego, unha proposición de lei.
Pontón engadiu que o traballo político do BNG no curso que empeza impulsará o fortalecemento do autogoberno, políticas feministas, a defensa dos sectores produtivos, infraestruturas, vivenda, unha axenda verde e o apoio a lingua e cultura galegas.
O BNG seguirá reclamando destinar 200 millóns de euros para reforzar a Sanidade pública e reducir as lista de espera, demandar “ate o último euro” que lle corresponde a Galiza nos fondos europeos para o que é necesario, indicou, crear unha comisión bilateral, Xunta-Estado.
Urxe poñer en marcha novas políticas e hoxe, dixo, eliximos a cidade de Vigo para celebrar a reunión interparlamentar para que no futuro de Galiza, Vigo sexa “pulmón industrial” e para iso é necesario “compromiso político” fronte a desatención dos intereses desta cidade por parte do goberno galego e central.
Estamos nun momento transcendental, e debemos acertar porque nos xogamos a Galiza das próximas décadas e cada día temos que soportar “a estafa da luz, a rapina das empresas eléctricas co baleirado de encoros para facer caixa e co beneplácito do goberno galego e central. Unha Galiza coas peaxes máis caras do estado, peches de oficinas bancarias, unha crise industrial que golpea especialmente á comarca de Vigo e falta de persoal sanitario nos centros de saúde, despois de 12 anos de recortes. Este momento require alternativas e abandonar as vellas políticas que nos levaron a esta situación. Galiza precisa un novo impulso con ideas novas e o BNG “traballará para defender os intereses da maioría social.
Á xuntanza interparlamentar do BNG celebrada en Vigo asistiron os deputados e deputadas do grupo parlamentario no Parlamento Galego, o deputado no Congreso, Néstor Rego e a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda.