Abadín, 9 de setembro de 2021. O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz denunciou hoxe o estado de abandono no que se atopa o patio do Colexio Público Aquilino Iglesia Alvariño no inicio do curso escolar.
“Nas imaxes que amosamos pode comprobarse como o Concello non fixo absolutamente nada no tocante a limpeza, mantemento ou adecentamenyto deste espazo educativo do centro escolar. Merecen as nenas e nenos de Abadín este desgoberno, algo tan sinxelo e rutinario como é a limpeza dun espazo publico?”, preguntou o socialista.
Así as cousas emprazan ao Alcalde e aos concelleiros do PP “a que se poñan a traballar sobre cuestións tan importantes como é o inicio do curso escolar e o benestar das nosas nenas e nenos”, dixo. “O patio do noso colexio ten que ser adecentado xa, porque o curso escolar xa comezou pero no goberno de Rancaño parece que aínda non se decataron”, criticou.
“Senón non son capaces de atender aos asuntos ordinarios como é o da limpeza do único colexio público co que conta o Concello, que fan durante toda a xornada, ademais de cobrar o seu salario?”, espetou Díaz. “Señores do PP póñanse a traballar xa, Abadín merece un goberno traballador e comprometido e non asalariados que non fan absolutamente nada”, denunciou.