Anunciouno o concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso, quen explicou que “por ser o Día da Patroa, xornada festiva de ámbito local e un día moi especial para as familias ribadenses, non teremos o mercado semanal dos mércores”. Vizoso aproveita a ocasión para desexarlles ás e aos ribadenses “un feliz Día da Patroa e que o pasen o mellor posible, dentro do que nos permite a situación de pandemia na que aínda estamos”. O seguinte mercado semanal dos mércores será o 15 de setembro. E tamén haberá Mercados dos Domingos ata o 10 de outubro.