“Pouca elegancia política”
Con todo, o voceiro do PP, Javier Castiñeira, afeou ao Partido Socialista que presentasen unha moción para reclamar á administración autonómica medidas en apoio aos traballadores, cando xa existe unha declaración institucional aprobada de xeito unánime por todos os grupos políticos. Castiñeira cualificou así a iniciativa dos socialistas “de mal gusto e de pouca elegancia política, e incluso contraproducente para os afectados”, pois o que debería de saír deste pleno é unha postura conxunta e “non de escorrer o bulto como acaba de demostrar a propia alcaldesa”.
“Son capaces de pedir que se constrúan eólicos en Vestas e ao mesmo tempo dicir que non os queren; son capaces de levar unha pancarta de enerxía solución e logo dicir que a enerxía non é a solución; son capaces de pedir máis enerxía verde e logo ir en contra dos parques eólicos”. En definitiva, concluíu, “priman a súa ideoloxía antes que o desenvolvemento económico”.
O voceiro do Grupo Provincial do PP amosouse moi crítico cos socialistas. E é que dende o Executivo central “están destruíndo o sistema enerxético, a pesares de que con elo vai o sistema produtivo. Sóbenlle os impostos ás empresas sen contar co consenso da patronal; soben a inseguridade xurídica; negan axudas como fixo a Deputación de Lugo. É dicir, non fan absolutamente nada e son expertos en mandar recados”, afirmou.
Por este motivo, invitou ao PSOE a “facer o mesmo que fixeron os traballadores, involucrar ao ministerio de Transición Ecolóxica que debe existir, dixo, para xestionar a enerxía para Alcoa e para a industria, e que tanto lles está facendo doer a cabeza a vostedes”. Castiñeira sinalou, neste senso, que a exposición de motivos da iniciativa socialista “é desarcertada e inxusta”. “O que pedimos é involucrar os dous entes que teñen competencias”, remarcou.