Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP lucense enriquecerá ás agrupacións locais coa experiencia dos concellos nos que goberna

Lugo, 8 de setembro de 2021. A presidenta e candidata a revalidar o cargo, Elena Candia, anunciou que o PP da provincia de Lugo porá en marcha “encontros de traballo nos que compartir modelos implantados con éxito nos gobernos dalgúns concellos coas agrupacións locais que se atopan na oposición”. Deste xeito, “aprenderemos de nós mesmos para enriquecer ás agrupacións locais coa experiencia dos concellos nos que gobernamos”, especificou.

A implantación destes espazos xurdiu durante unha xuntanza na que a presidenta recolleu as aportacións de concelleiros de xuventude de distintos municipios da provincia sobre as liñas de traballo implantadas nos seus respectivos concellos. Candia agradeceu a “xenerosidade” destes mozos e mozas que se comprometeron a compartir as súas experiencias nestes encontros.

Estes espazos de traballo servirán para “crear sinerxias, facer equipo, facer Partido e reforzar a nosa identidade”, engadiu.

Exemplos de mozos con responsabilidades de goberno
A popular quixo aproveitar para poñer en valor o traballo de moitos rapaces e rapazas con responsabilidades de goberno nas corporacións municipais: “están a facer un importante traballo demostrando o acerto dos alcaldes populares que lles confiaron responsabilidades nos seus respectivos gobernos”.

Elena Candia engadiu tamén que “estes rapaces e rapazas serven como exemplo para que outros se animen a formar parte dos gobernos locais nos seus concellos”.

Exit mobile version