O portavoz municipal do PP, Javier Castiñeira, sinala: “Evidentemente este é un problema de índole maior; é a peor crise que está a vivir a escola de música de Foz, no peor momento, dende que foi fundada por Manuel María Neira e Arcadio Mon. Son precisamente os valores de Arcadio Mon os que se están vendo vulnerados a día de hoxe polo equipo de goberno, que intenta botar a culpa aos traballadores cando realmente a culpa a ten a súa inacción”.
Castiñeira lembra que “a Escola de Música foi medrando nos últimos anos, non só en número de alumnos e de horas lectivas, senón tamén en espazo. Agora hai que tomar decisións”. Insta “ao goberno municipal a que inmediatamente se sente a traballar tanto con Felipe Sánchez como coa AMPA da Escola de Música e co resto de grupos dos partidos políticos. Hai máis solucións; el xa o sabe e nós xa llas dixemos”.
O portavoz popular ten claro que “a solución non pasa porque Felipe Sánchez renuncie a ser director da Escola; en todo caso, se alguén debe dimitir, debe renunciar é o equipo de goberno, por non dar solucionado un problema tan grande como o que ten a día de hoxe a Escola de Música”.