Foz, 01 de setembro de 2021. Finalizado agosto, é o momento de analizar como foi este verán en Foz, un punto de referencia esencial no turismo estival en Galicia. Por elo, segundo sinala a concelleira Verónica Soto, “chegado o 31 de agosto, o grupo municipal do Partido Popular quere facer balance do verán 2021, que foi un verán con moitísima xente na nosa localidade, pero no que, novamente, o equipo de goberno municipal volveu fallar na xestión”. En opinión dos populares, “PSOE e BNG non deron a talla, e por iso se viu un pobo tremendamente sucio, con moi poucos varredores; o servizo de recollida de lixo non foi reforzado e tivo moitos problemas”. Soto asegura que “as áreas recreativas e outros lugares turísticos e paseos estiveron sen rozar a maior parte do verán; algún deles aínda agora en agosto, como é O Carme de San Martiño, está sen rozar”.
A mesma concelleira popular sinala: “Sentimos unha decepción absoluta e lamentamos a moi mala imaxe que deu un pobo que debe ser a referencia turística de A Mariña. E foi simplemente pola idea do equipo de goberno, e especialmente do alcalde, de non facer caso o Partido Popular, que solicitou antes do verán que se deseñase un plan de emprego, dotado cunha cantidade relevante para dobrar o número de traballadores do Concello para servizos tan importantes como son a limpeza viaria, recollida de lixo, xardinería e obras. Lamentablemente os traballadores tiveron que dobrar esforzos; o goberno local, en vez de dobrar persoal, fixo que os traballadores dobraron esforzos”.
Verónica Soto declara: “No PP felicitamos a todos os traballadores do Concello, que tiveron que sufrir a falta de xestión do equipo de goberno na execución das súas respectivas tarefas. Había que traer moitos máis traballadores, había que contratar persoal e non se fixo e iso foi ao lombo dos traballadores e causou mala imaxe do pobo. Un pobo que estivo pouco limpo, con rúas que levan varios meses sen asear; non hai máis que ver as beirarrúas sucias, os recintos dos contedores sucios tamén, moito deles con lixo de principios do verán”.
En síntese, o PP cre que o goberno local merece “un suspenso neste terceiro verán á fronte do Concello, no que segue a demostrar que non saber xestionar”. Os populares din que a falta de xestión apréciase “especialmente nuns veráns que son diferentes, extraordinarios”. Destaca que os recursos que se aforraron en eventos que non se celebraron debido á pandemia deberan ser investidos nestes servizos e manter un pobo limpo e agradable, cos paseos e as recreativas ben atendidas”.
A mesma concelleira di, por outro lado, que “as parroquias están absolutamente abandonados, cheas de maleza e con estradas nas que os veciños se queixan da falta de roza, así como da falta de limpeza dos contedores”.
Os populares instan ao goberno municipal a cambiar o paso no próximo verán, o último do mandato”, e recomendan a socialistas e nacionalistas que “se non saben como facelo, que escoiten ao Partido Popular”.