Lugo, 01 de outubrode 2021.O PP lucense sigue adiante no seu proceso congresual na provincia de Lugo. Celebrado o pasado 19 de setembro o cónclave lucense no que Elena Candia foi reelixidapresidenta provincial, o Partido Popular de Viveiro celebrará o congreso local o vindeiro sábado 6 de novembro, segundo a decisión adoptada nunha reunión entre membros desta agrupación e a presidenta provincial do partido. A organización do congreso de Viveiro correrá a cargo dun comité presidido por Fabián Cazás.
Todos os afiliados do PP local recibirán a comunicación e a información sobre o proceso congresual. Os interesados en participar poderán inscribirse e poñerse ao corrente de pago das cotasdende hoxe, 2 de outubro, ata o 3 de novembro. Nesta ocasión, debido ao actual contexto sanitario, requírese a inscrición previa de cara á adopción das medidas que sexan necesarias en función do número de participantes.
A inscrición poderá realizarse de forma telemática a través do enderezo electrónico congresoppviveiro@gmail.com ou de forma presencial na sede do PP de Viveiro (Avenida Cervantes, 28), martes e xoves, de 11.30 a 13.00 horas
Candidaturas á presidencia
O prazo para a presentación de candidaturas á presidencia do PP de Viveiro comeza hoxe, 2 de outubro, e rematará o 17 de outubro. Os aspirantes terán que contar con 25 sinaturas de afiliados. O 18 de outubro serán proclamadas as candidaturas presentadas.
A campaña electoral interna desenvolverase entre o 19 de outubro e o 29 de outubro.