Site icon Crónica3.com A Mariña

O Osa do Mar, co que colabora o Concello, encherá de música Burela este venres e sábado

Burela, 24 de setembro de 2021. Esta fin de semana celébrase en Burela unha nova edición do Festival Osa do Mar. O Concello colabora coa organización. O alcalde, Alfredo Llano, considera que esta pode ser unha boa oportunidade para achegarse a desfrutar dos atractivos de Burela.

O rexedor burelés dixo que “esta fin de semana, hoxe e mañá, vai haber unha nova edición do Festival Osa do Mar, que é moi apreciado por todo o mundo amante da música diversa porque teñen unha forma de actuar moi diferenciada e con distintos xéneros musicais, polo tanto penso que é unha maneira moi doada de que todo o mundo poida apreciar o que se vai facer este fin de semana”.

Alfredo Llano sinalou que “o Concello colabora intensamente porque cremos que este tipo de iniciativas se deben defender e deben servir para axudar a moita xente que agora mesmo leva moito tempo sen actuar e tamén para dar unha alternativa cultural a toda aquela xente que queira achegarse esta fin de semana ata Burela. Vai comezar hoxe, desde as oito da tarde ata a unha da mañá aproximadamente, con diferentes grupos e mañá o mesmo. Vai ser na praza do Concello que está perfectamente organizada para que todo mundo poida sentirse a gusto”.

E engadiu: “queremos invitar a todo aquel que queira visitar Burela estes dous días porque vai ter unha grande oportunidade de saír moi satisfeito”.

Exit mobile version