A xustiza patriarcal está desde hai tempo no foco da loita feminista global. A loita contras as violencias machistas pasaron de reclamar cambios normativos a poñer o foco no sistema xudicial como responsable último da súa impunidade.
O feminismo e as mulleres feministas seguimos traballando para derrubar patróns patriarcais ególatras e sinalamos á cultura da violación, que se nutre da pornografía, como responsable última destes actos que perseguen inequivocamente socavar a dignidade das mulleres, unha cultura que nos cousifica e despersonaliza para seguir violentándonos.
Desde o feminismo DECIMOS que a solución para acabar con este tipo de violencias está nunha coeducación e educación afectivo-sexual feminista desde as idades máis temperás, para formar persoas con valores nos que o respecto á integridade e intimidade da outra persoa sexan inviolables e en mudar esta xustiza patriarcal que non ten en conta que mulleres e homes estamos en sociedade en posicións diferenciadas, e que en consecuencia sufrimos violencias especificas só por ser mulleres, como é neste caso.
O feminismo traballa arreo para mudar o mundo e é sen dúbida a ferramenta teórica que posibilitará un verdadeiro cambio social.
Desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade toda a nosa forza e apoio ás compañeiras