Site icon Crónica3.com A Mariña

O Novo Plan de Hostalaría Segura obriga ao sector a traballar na ilegalidade

A Mariña, 17 de setembro, 2021. Entre os requisitos para acceder ás distintas clasificacións, é de obrigado cumprimento “asegurar a formación do persoal traballador segundo os contidos marcados pola Dirección Xeral de Saúde Pública…”. A Xunta de Galicia esixe traballar nunha situación ilegal dende o 15 de setembro, obrigando a realizar unha declaración responsable desta cuestión, entre outras, sen ter publicado a día de hoxe os contidos da obrigada formación. A situación é grave, surrealista e esperpéntica.

A propia natureza do Plan busca responsabilizar ao sector hostaleiro, unha vez máis, das diferentes restricións, “segundo o seu nivel de compromiso”. É intolerable, xa que este sector ten máis que demostrado non só o seu compromiso, senón incluso a súa responsabilidade coas distintas restricións, a pesar de consideralas inxustas e discriminatorias ao respecto das do resto de sectores.
Asistimos curiosamente a un endurecemento real das restricións, a parte dun importante desembolso económico para adaptarse ás mesmas, que contrasta coa favorable situación sanitaria existente e cando todos os territorios do Estado Español están levantando ou flexibilizando as actuais restricións.

O argumento de defensa deste Plan reside na suposta futura estabilidade do sector hostaleiro, con independencia dos niveis de restricións de cada concello, razón que queda cuestionada ao recoller a propia Orde: “…este plan sempre estará condicionado á evolución da situación asistencial, así como dos parámetros epidemiolóxicos..”
Agardamos que o goberno galego recolla este malestar xeneralizado no sector e se aveña en consensuar, definitivamente, un Plan consonte co contexto real no que nos atopamos.

Asinantes:
Plataforma Galega en Defensa da Hostalaría
Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago de Compostela
ShOS Hostelería Coruña
ShOS Hostelería de Betanzos
H.A.F. (Hostaleiros e Autónomos de Ferrolterra)
Plataforma de Turismo e Hostalaría da Costa da Morte
Asociación Turística Comarcal Ría Muros-Noia
Asociación de Hostelería de Padrón
Asociación de Hostelería de Ribeira
Asociación de Hostelería Boiro-Rianxo
APEMER Vigo (Asociación Provincial de Establecimientos Musicales y Espectáculos Reglados)
Asociación de Hostelería de A Estrada
AHITUVI (Asociación de Hostelería y Recursos Turísticos de Vilagarcía)
Asociación de Hostelería de Caldas de Reis
Asociación de Hostelería de Moaña
ARECA (Asociación de Restauración de Cangas)
Hostalaría da Guarda
Asociación de Hostelería do Deza
ACISA Ribadeo (Asociación de Comerciantes Industriales, Servicios y Autónomos)
Asociación de Empresarios Beiras de Viveiro
AHROU (Asociación de Hostelería e Restauración de Ourense)
AHL Xinzo de Limia

Exit mobile version