Foz, 29 de setembro de 2021. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, reuniuse este martes co director da Escola de Música Municipal Arcadio Mon, Felipe Sánchez, xuntanza na que abordaron a planificación deste centro para o curso 21-22. Acordaron continuar a traballar para mellorar as condicións da escola e que a mesma siga a ser bandeira da cultura en Foz.
O rexedor quere “agradecer a Felipe o seu traballo. Durante este curso esforzarémonos ao máximo para, en conxunto coa dirección, dar os pasos necesarios para estabilizar a ESMU e proporcionarlle as condicións necesarias para que continúe a ser un centro musical de referencia.”