A reunión foi solicitada pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, que irá á mesma co equipo redactor do PXOM e, dada a transcendencia do asunto a tratar, convidou tamén aos portavoces dos grupos políticos municipais.
“Viveiro necesita o PXOM, é unha ferramenta imprescindible e primordial para o desenvolvemento do concello en diferentes eidos, como o urbanístico e o industrial; é unha opinión consensuada entre todos os grupos da corporación e espero avances nesta reunión”, asegura a alcaldesa.
A AXI é a única administración da que o concello ten pendente o establecemento dunhas directrices para poder continuar coa tramitación do PXOM, tendo en conta que hai certa incertidume e falta dun criterio claro para poder seguir avanzando
O PXOM é determinante para o desenvolvemento do Concello de Viveiro, polo que non cesará no traballo e esforzos necesarios para poder aprobalo.