Viveiro, 21 de setembro de 2021. O Concello de Viveiro anuncia que organizará unha recepción oficial ao atleta olímpico Adrián Ben este sábado 25 de setembro, ás 13:30, na Sala Multiusos da Casa do Concello.
Tras ser recibido pola Corporación Municipal, Adrián Ben asinará aos nenas e nenas que se acheguen unhas tarxetas de recordo que o Concello de Viveiro preparou para conmemorar a participación do viveirense nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020.
O Concello de Viveiro realizará esta recepción, que non puido celebrarse antes por compromisos do atleta, á espera de fixar a data na que terá lugar o acto de entrega da distinción de Fillo Predilecto. Dita distinción fora acordada polo Pleno Municipal en data 4 de agosto de 2021.
O Concello de Viveiro pretende con esta recepción amosar o seu recoñecemento cara a Adrián Ben, quen foi 5º na final dos 800 metros nas probas de atletismo dos Xogos Olímpicos en Tokio.