Conciliación familiar e alimentación saudable
Coa asunción deste novo servizo o Concello de Barreiros facilitará tamén a conciliación familiar. Así o manifestou Montserrat Porteiro que hoxe visitou o comedor do colexio e afirmou tamén que desde o concello de Barreiros “pretendemos que as nenas e os nenos adquiran hábitos nutricionais saudábeis ao mesmo tempo que promocionamos o consumo de produtos frescos e de proximidade”. Explicou así mesmo que os menús están elaborados por unha nutricionista de acordo cos criterios da Xunta en materia alimentaria tendo en conta tamén as táboas de alérxenos.
O custo do servizo de comedor obedece a criterios obxectivos e progresivos en función da renda familiar seguindo os baremos dos comedores escolares públicos.
Con esta iniciativa o Concello de Barreiros pretende seguir garantindo un servizo tan importante e esencial como é o comedor escolar e mellorándoo e contribuíndo á educación para a saúde en materia nutricional.