Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG propón actuacións inmediatas para salvar VESTAS tras un encontro co comité de empresa no Parlamento

Santiago de Compostela, 29 de Setembro 2021. Reunión da portavoz nacional, Ana Pontón, co comité de empresa de VESTAS, encontro no Parlamento no que tamén participou o deputado pola Mariña, Daniel Castro. O Bloque trasladou aos traballadores e traballadoras:

1.- Todo o apoio do BNG, destacando a importancia de que VESTAS que vai haber presión social e política e, nese sentido, a implicación da Xunta debes ser total e rápida.

2.- Iniciativas no Parlamento a favor da fábrica. É clave concretar un calendario da mesa de negociación, de nada vale senón se actúa con rapidez, antes da reunión prevista coa dirección da empresa o día 6 de outubro.

3.- Paralizar o ERE extintivo que ameza con despedir a todo o cadro de persoal.

4.- A portavoz nacional, Ana Pontón, chama a atención sobre o feito de que, en pleno boom eólico, se anuncie o peche unha empresa do sector, que ademais recibiu moitas axudas públicas. Pide vincular a instalación de novos parques a proxectos industriais e que á fabricación dos compoñentes en Galiza.

Exit mobile version