Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG propón á Xunta iniciar o proceso para mudar o modelo privatizador das residencias de maiores e reforzar o carácter público

Santiago de Compostela, 29 de setembro, 2021. A deputada do BNG, Olalla Rodil defendeu, a través dunha proposición non de lei, reverter ao sector público as residencias de maiores de titularidade pública e xestión privada porque “a vellez non pode ser un negocio”. Neste sentido, afirmou que “o avellentamento poboacional galego é un caramelo para as empresas”.

Por outra banda, asegurou que o número de prazas nas residencias é “insuficiente” e denunciou “a drenaxe de fondos públicos para prazas concertadas”.

A concertación, dixo, supón 74M€ ao ano, máis do que inviste a Xunta anualmente na RISGA ao que sumou que “2 de cada 3 euros dos centros públicos de maiores no programa 312D son destinados a cebar á privada”.

A maiores, indicou que os tempos de espera para acceder a unha praza sitúanse 2 anos. Dende o BNG, dixo, reclamos mudar este modelo reforzando a xestión pública para garantir o dereito a “unha vellez digna” nun país no que o 25% da poboación ten máis de 65 anos.

Residencias públicas con xestión privada

A parlamentaria lembrou que na actualidade existe unha infraestrutura pública “en mans privadas”, con residencias de titularidade da Xunta xestionadas por entidades privadas. Once residencias privatizas de 41, oito xestionadas polo grupo Dómasvos con 1.032 prazas e dúas dirixidas pola Fundación Valdegodos con 213 prazas.

En Galiza, engadiu, están privatizas 10 residencias das 41 da Xunta de Galiza e das 10 residencias, 8 xestionadas polo grupo DomusVi e dúas pola Fundación Valdegodos. Das 4.060 prazas de residencias públicas en Galiza a Xunta é titular de 3.900 e delas 1.245 están privatizadas en 10 centros e o 83% controladas polas dúas principais empresas de DomusVi, Geriatros e Quavitae.

Domus Vi un pelotazo moi rendible

Rodil subliñou que o negocio de Domus Vi coas concesións e concertos é o resultado “dun pelotazo no ano 2010” coa saída da Xunta de Sogareso, a desaparición das caixas de aforros e a venda de Geriatros a fondos de investimentom internacional.

“É mentira que a xestión privada sexa mellor en asistencia e máis barata para as arcas públicas” e por esa razón reclamamos que eses centros pasen á xestión pública directa.

Na defensa da proposta tamén se referiu ás 790 persoas falecidas pola COVID19 nas residencias de maiores, “80 eran usuarias da rede pública, apenas o 10%, e a metade en centros privatizados e en mans de DomusVi”.

“De 41 centros, 11 privatizados concentran o 50% dos falecementos. Para a deputada estes datos “non son casuais”, son produto dun modelo baseado na precariedade laboral e do propio servizo”, como levan denunciado as traballadoras das residencias e as familias. Neste punto, lembrou que na residencia Concepción Areal da Coruña, residencia pública privatizada e xestionada por Domus Vi investigada xudicialmente pola morte dunha usuaria foi sancionada pola Xunta con 1.800 euros, moito menos do que custa contratar a unha enfermeira 24 horas. Sae “barato” dixo, infrinxir a norma, dixo a deputada.

“Aí é onde se entende o veto á investigación do acontecido nas residencias durante a Covid e o atranco permanente e constante para que poidamos acceder a documentación pública”, concluíu.

Exit mobile version