Como ben é sabido a Autoridade Portuaria de San Cibrao é unha meta e un obxectivo importante para a formación nacionalista, ao igual que para o conxunto da sociedade mariñá, xa que a consecución da mesma, ademais de acabar coa excepción de ser a Mariña o único territorio do Estado español sen Autoridade Portuaria propia, conlevaría un maior dinamismo económico para unha comarca tan castigada industrialmente como é A Mariña.
O Partido Popular manexa esta institución con oscurantismo, do que son cómplices os alcaldes de Cervo e Xove que alternan a representación mariñá na mesma.
Alén disto, o BNG volve denunciar a opacidade do Partido Popular que vai quitando e poñendo Presidentes da Autoridade a dedo e sen dar nin a máis mínima razón que argumente a chegada do novo presidente, neste caso o ferrolán, Francisco Barea. Do mesmo xeito, o BNG segue a denunciar a pasividade e o silencio dos dous alcaldes do PP de Cervo e Xove que seguen a mostrar unha inacción total ante unha problemática vital para ambos concellos e para a comarca.
“Agardamos que a Xunta dea as razóns e os motivos necesarios para explicar este tipo de ceses e que rematen estes comportamentos caciquís impropios dun goberno serio e transparente” conclúe o deputado nacionalista.