Viveiro, 11 de setembro, 2021. A concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, solicita ao goberno municipal a reubicación dos maceteiros de grandes dimensións situados pola beirarúa da Avenida Navia Castrillón, desde a Praza de Lugo até o bar Atlántico. Unha beirarrúa que ademais de ser estreita, soporta unha gran afluencia de xente onde estes grandes maceteiros constitúen un obstáculo á liberdade de movementos das persoas, incluídas as persoas con limitacións e/ou mobilidade reducida, incumprindo así a normativa da Lei de Accesibilidade e supresión de barreiras da comunidade autónoma de Galiza.
Desde o BNG insistimos nesta demanda por segunda vez, pois Míriam Bermúdez xa trasladara esta necesidade á alcaldesa en marzo nunha Comisión, facendo caso omiso tal e como podemos observar.