Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz organiza este xoves unha palestra informativa sobre a instalación do novo parque eólico con macroaeroxeradores na Mariña

Foz, 9 de setembro, 2021. A finais de 2020, 106 dos 313 concellos galegos acollían parques eólicos, con máis de 4.000 aeroxeradores instalados. O actual boom eólico na Galiza vulnera catro normativas comunitarias. Unha realidade que o BNG puxo en coñecemento da Comisión Europea para evitar máis danos e prexuízos sobre a Galiza. E no en tanto, continúan en fase de tramitación 130 proxectos de parques eólicos para encher a Galiza de macroaeroxeneradores de case 200 metros de altura, mesmo ameazando explotacións agrogandeiras e núcleos de poboación. Atópase en trámites de alegacións a instalación dun novo parque eólico, o proxecto Borrasca, que afecta aos Concellos de Foz, Lourenzá e Mondoñedo no que respecta aos aeroxeneradores e subestacións electricas e aos concellos do Valadouro, Cervo e Xove na evacuación da enerxía xerada. O BNG de Foz organiza unha palestra informativa da man do experto en impacto do sector eólico, Fins Eirexas de ADEGA. Será este xoves, 9 de setembro, as 19.30 na Casa da cultura de Foz para o que será preciso anotación previa no correo: amarinha@bng.gal e no tel 982140654 dado o aforo limitado polas restriccións sanitarias.

Exit mobile version