“O primeiro día sae un líder que manterase seguramente na etapa de hoxe en Ponteareas, porque é unha etapa para ver como están as forzas e os equipos. Pero en Muras vai ser difícil que o líder manteña o maillot amarillo. Coido que vai cambiar”, continúa Muñiz. “A de Muras é unha etapa esixente onde pode pasar de todo. Ou o líder sae reforzado ou muda o maillot, que case seguro será o que pase mañá”.
Con inicio e saída ás 14:00 horas na Praza de Galeguidade a etapa pasa tamén por Ferreira do Valadouro, Mondoñedo e Vilaba para volver a rematar diante do concello murense. Os retos están nos altos da Xerra do Xistral como o da Gañidoira. “Falamos dunha porcentaxe importante de pendente e de varios portos de segunda categoría que poden marcar as diferencias, como As Lobeiras, San Vicente e O Viveiró”.
Unha homenaxe a Guillermo Sande Covelo. O seleccionador da Federación Galega de Ciclismo, ademais de Director das Voltas Ciclistas a Galicia, falecía o pasado xaneiro dun infarto. Aos 55 anos e cando estaba coa selección galega no Campionato de España de Ciclocrós. Un tremendo e inesperado mazazo que deixou en parte orfa a unha federación que levaba 25 anos traballando con él. “Dúas das etapas desta Volta, e esta de Muras é unha delas, están deseñadas por él”, lembra o actual seleccionador, “en colaboración co alcalde, Manuel Requeijo ,e o tenente de alcalde Mario Rouco. Queremos facerlle con esta Volta, que remata na Serra da Capelada de Cariño -etapa que tamén deseñou e que é espectacular-, unha merecida homenaxe”.
O ano pasado, por razóns sanitarias, non se puido pudo celebrar a Volta Ciclista galega. Así que as ganas eran moitas. “Ademais poñemos en valor un hábito tan saudable como a práctica deportiva e máis esta, que ensalza a riqueza da paisaxe, da cultura e da gastronomía. Este ano temos unha Volta cun percorrido precioso”.