Site icon Crónica3.com A Mariña

Mais de 200 deportistas participarán esta fin de semana na primeira edición do Trail Terras do Eo

Taramundi, 28 de setembro, 2021. Mais de 200 deportistas participarán esta fin de semana na primeira edición do Trail Terras do Eo.

Por primeira vez os concellos de Vegadeo, Taramundi, San Tirso de Abres, Villanueva, San Martín e Santa Eulalia de Oscos en colaboración coa empresa NORTEA únense para celebrar un evento deportivo destas características nun lugar único como a Comarca Oscos-Eo declarada pola UNESCO “Reserva da Biosfera”, coas súas decenas de roteiros e pobos singulares que o converten nun escenario idóneo para organizar actividades deportivas como o I TRAIL TERRAS DO EO que aspira a converterse en referente deportivo do occidente asturiano e que supón un revulsivo para o sector turístico da comarca.

Ao longo da próxima fin de semana do 2 e 3 de outubro, os deportistas percorrerán unha distancia de 65 km distribuídos en 3 etapas, unindo as 6 capitais dos concellos, o que permitirá a deportistas e acompañantes gozar dunha fin de semana completa de aventura e natureza.

1ª Etapa: Santa Eulalia De Oscos-San Martín de Oscos (Saída 2 Outubro 9:30)
2ª Etapa: San Tirso de Abres-Taramundi (Saída 2 Outubro 19:30)
3ª Etapa: Villanueva de Oscos- Vegadeo (Saída 3 Outubro 9:00)

A entrega de premios terá lugar o domingo 3 de Outubro ás 15:00 no parque de Vegadeo.

Exit mobile version