Así, todos os clientes de Lourenzá que realicen compras entre o 20 e o 28 de setembro nos establecementos asociados, ata o 29 no caso de Xove, poden participar desta iniciativa. Cunha compra mínima de 10€ poderán tirar dunha das dúas rodas (unha roda para tiques por valor de entre 10€ e 49,99€ e outra para tiques por valor de 50€ ou máis).
Estas rodas instalarase o martes, 28 de setembro, entre as 11.00 e as 14.00 horas na Praza do Concello de Lourenzá, sortéandose moitos agasallos sostibles para premiar a fidelidade dos clientes no comercio local.
No caso de Xove, instalarase o mércores, 29 de setembro, entre as 11.00 e as 14.00 horas no Centro Cívico da Praza do Concello.
A campaña “Rodas da Sostibilidade”, busca dinamizar o comercio de proximidade da provincia de Lugo e incentivar o consumo. Con esta finalidade, durante as vindeiras semanas celebrarse en 9 localidades lucenses.