Site icon Crónica3.com A Mariña

Instalados 7 novos paneis informativos nas praias ribadenses

Ribadeo, 29 de setembro de 2021. Instalados 7 novos paneis informativos nas praias ribadenses. Os traballos remataron esta semana. Contarán con táboas de mareas e con datos sobre a calidade da auga.

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije, contou que “se acaba de finalizar unha obra de colocación duns paneis informativos nas praias e nas calas do noso concello. Son sete paneis informativos de madeira, a través dunha subvención da Reserva da Biosfera da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia e do Concello, cada un puxo unha parte do financiamento para estes paneis. Dentro desa subvención había dúas partes, unha para os paneis e outra para renovar as casetas dos socorristas nas Catedrais, pero esta última parte non nos foi concedida”.

O edil ribadense engadiu que “son paneis de dous formatos, que van estar mentres o clima lles permita que duren. Van ter, entre outras cousas, táboas de mareas e distintas informacións sobre as praias como a calidade da auga na época estival”.

Exit mobile version