Mellora da calidade do servizo e aforro nos arranxos de fugas
Esta obra que conta cun orzamento de preto de 200.000€ é financiada nun 80% pola Área de Medio Rural da Deputación de Lugo, poñendo o Concello de Barreiros o 20% restante, en virtude do convenio asinado no seu día entre a deputada de Medio Rural Mónica Freire e a alcaldesa Ana Ermida.
A nova canalización discorrerá pola marxe esquerda da estrada provincial LU-P-0602 ao longo de 2,3Km e os traballos, adxudicados á empresa Adecom prolongaranse durante todo o mes de setembro.
Esta actuación mellorará notablemente a calidade do servizo de abastecemento e suporá un aforro importante para o concello no arranxo de fugas. “Con este importante investimento imos dar solución a un problema que se arrastraba desde moitos anos atrás” afirmou Antonio Veiga.
Desde o Concello de Barreiros comunican tamén que ao ser obras de importancia, na súa execución poden provocar pequenas molestias no abastecemento de auga nalgunhas zonas, polo que piden desculpas por adiantado, pois son obras necesarias para acometer as melloras, obras que se pospuxeron para setembro dado que en época estival a execución resultaría mais complicada.