Trátase dunha exposición na que se poden atopar personaxes musicais que a partir de mecanismos crean sons e ritmos, historias e contos que nacen co movemento dunha manivela ou dun pedal, bonecos que se moven e andan sós, un teatrillo de monicreque automatizado homenaxe do tradicional monicreque de cachiporra, diferentes efectos especiais recorrentes no teatro… A idea desta exposición é que os asistentes poidan xogar manexando os mecanismos das pezas e ver como funcionan.