A inscrición previa será obrigatoria e poderá realizarse mediante o correo electrónico: bici@concellodefoz.es ou a través dos perfís do Concello nas redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram). Tan só deberán remitirse os seguintes datos ata o 18 de setembro: nome e apelidos, data de nacemento e teléfono.
A saída será ás 11:30h desde a explanada do porto, a onde voltaremos despois de dar un agradable paseo pola zona das praias. Será obrigatorio o uso de máscara e do casco.
Sortearase unha bici e publicarase o nome do gañador/a nas redes sociais.
A concelleira agradece a colaboración de Policía Local, Protección Civil, Club Ciclista e Motos Baltasar, sen os que non sería posible a celebración deste evento.