Foz, 24 de setembro, 2021. Finalizados os traballos na pintura mural realizada polo artista Daniel Carreira, e promovida pola iniciativa Movart- A Mariña e polo Concello de Foz. Cómprense con ela tres obxectivos:
– A expresión artística en si mesma.
– A Acción solidaria.
– A recuperación de espazos públicos degradados.
Na tarde deste sábado celebrarase o evento artístico e solidario “MOVEMENTO ARTÍSTICO POLA PAZ”, no que participarán o pintor Daniel Carreira, a agrupación O Feitizo, o músico Felipe Sánchez, o poeta Javier Agrelo e o grupo “Toxo Guayaba”; ademais renderase unha pequena homenaxe á poeta Angelina Gatell facendo un recitado do “Poema del Soldado”.
Os actos celebraranse na Praza Salgado Toimil (fronte á Casa da Cultura) ou, no caso de que chova, no salón de actos da propia Casa da Cultura.
Coa intención de recadar fondos destinados a colaborar coas Ongs a prol das cales organízase esta velada, están á venda, en distintos establecementos de Foz que colaboran con este proxecto (Kukadas, O pelolo, Bar78, Marexada, Agarimo, Libraría Bahía, Augas Santas, Ofifoz e Panadería Bahía), unha composición orixinal que inclúe un debuxo de Daniel Carreira e un poema de Javier Agrelo. A composición poderase adquirir facendo unha aportación de 2 Euros. Todo o diñeiro recadado será integramente destinado ás citadas Ongs. Esta composición poderase adquirir tamén o mesmo día durante a celebración do evento.