Xove, 17 de setembro de 2021. O próximo luns, 20 de setembro, finaliza o Obradoiro de Emprego do Concello de Xove, denominado: Especialidade de revestimentos continuos en construción. O Obradoiro foi financiado na súa totalidade pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, cun orzamento de 347.000€, e nel participaron un total de seis alumnos e alumnas-traballadoras e un monitor.
Durante os nove meses da súa duración realizáronse as tarefas seguintes:
-Acondicionamento interno do Salón de Actos do Centro Cívico.
-Saneamento integral da envolvente dos edificios do Centro Cívico.
– Acondicionamento da Pista de Padel.
-Pintura do depósito de auga de Palmeiro.
O Concello de Xove destaca o alto grao de satisfacción cos traballos realizados polos participantes do obradoiro, e agradece á Xunta de Galicia a súa financiación.