Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza en Burela a Semana Europea da Mobilidade

Burela, 16 de setembro de 2021. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, fai unha chamada á participación na Semana Europea da Mobilidade. O programa de actividades arrinca hoxe e prolongarase ata o 22 de setembro. O domingo será o día sen coches e esa xornada varias rúas estarán cortadas ao tráfico para facilitar o desfrute de pequenos e maiores dos xogos, dos talleres e das mesas informativas previstas.

O rexedor dixo que “a Semana Europea da Mobilidade é algo moi interesante que comeza hoxe e abarcará ata o mércores 22. Vai haber unha serie de actividades sobre tráfico e mobilidade. Queremos facer unha semana que chame a atención con respecto á seguridade vial, á responsabilidade vial e todo aquilo que sexa unha alternativa ao vehículo para poder moverse”.

E engadiu: “hoxe comezamos co préstamo de bicicletas para quen queira dar unhas voltas por Burela. Como van ser unhas xornadas intensas e bastante participativas vaise pechar algunha rúa o domingo, polo que pedimos desculpas, pero hai que entender que queremos dar unha importancia clave a esta Semana da Mobilidade. Queremos invitar a todos os colectivos e xente que queira participar para, entre todos, facer algo bonito e que resulte efectivo para a mentalización de ter sempre unha Burela moito mellor no aspecto da mobilidade”.

Exit mobile version