Lugo, 19 de setembro de 2021. A mindoniense Elena Candia revalidou esta mañá a presidencia do PP da provincia de Lugo co apoio do 98,21% dos votos dos compromisarios, ao rexistrar 716 votos a favor dos 729 votos emitidos. No 18 congreso do PP da provincia de Lugo, celebrado no pavillón municipal de Outeiro de Rei, unha vez proclamada, a presidenta electa asegurou: “O proxecto do Partido Popular da provincia de Lugo é un proxecto para chegar lonxe e para iso necesitamos a moita xente; Lugo e a nosa provincia precísannos máis ca nunca; nosa militancia meréceo e os veciños de Lugo necesitan apartar do goberno ao BNG e ao PSOE”.
Candia, deputada autonómica e exalcaldesa e tenente de alcalde en Mondoñedo, definiu así ao PP: “Somos un partido activo, quixemos estar sempre a pé de rúa, visitamos explotacións, coñecendo autónomos e emprendedores e os seus problemas, cerca dos nosos voceiros e concelleiros; este traballo trasladouse ás urnas”. De novo presidenta provincial do PP fixo balance da súa traxectoria política, do traballo destes anos á fronte do partido, subliñando que foron máis de 3.000 as visitas solicitadas coa presidenta e que foron recibidas na sede da organización na capital lucense. Agradeceu á militancia o cariño e apoio que lle demostra.
“Para falar de Lugo”
Elena Candia dixo que este é un congreso moi importante; non é para falar de nomes, nin de cargos, é, asegurou, para falar de Lugo, dos problemas do noso tecido produtivo e para intentar propoñer solucións nun momento económico tan complicado, despois de pasar unha crise sanitaria tan importante. Candia agradeceu o traballo de dúas persoas novas que elaboraron o comunicado-relatorio, Cristina Sanz e Toño Gallego, despois de recoller as suxestións do tecido económico e social da nosa provincia nun escenario de proximidade “no que nos gusta traballar ata obter un documento de 176 puntos”.
A líder popular dixo aos lucenses que o seu proxecto e o seu equipo poñen a Lugo no centro das súas preocupacións. Manifestou: “Somos un partido aberto que quere ter un servizo de provincia, queremos traballar en equipo, que sabemos que temos que convencer de maneira aplastante porque só podemos gobernar cando temos maioría absoluta; non porque perdamos, senón porque se xuntan os perdedores e non nos deixan gobernar”. Candia destacou: “Temos ideas e temos proxecto; “Temos un reto económico e industrial, temos que dicirlle ao PSOE que a súa actuación en materia industrial e co noso tecido económico e produtivo é insultante e a única maneira de dicirllo é nas urnas”.
Petición ao presidente da Xunta
Candia dirixiuse ao presidenta da Xunta para indicar que é un momento de gran expectación en relación á captación de fondos europeos: é o momento, asegurou, de que Lugo teña protagonismo neses fondos europeos”.
A presidenta provincial destacou que no comunicado oficial dicimos que defendemos o medio rural, que o sector primario é un piar fundamental na economía lucense. Engadiu: “Pois ben, agora eses gandeiros, que dunha forma titánica defenden o traballo día a día, loitan contra o xabaril e contra o lobo”. E de seguido lembrou que a alcaldesa de Viveiro lle vai pedir medidas á conselleira Fronte ao lobo “cando pediu votos para unha ministra do PSOE que o vai protexer como especie de tal maneira que non se vai poder controlar. “Ese é o PSOE da nosa provincia”, dixo Candia.
A presidenta popular lamentou que os portavoces do PP teñan que escoitar que cada error na xestión de alcaldes socialistas ou nacionalistas é culpa da Xunta, “pero non é así e as cifras o demostran”. En materia de infraestruturas, recordou que o desdobramento do corredor Nadela-Sarria conta cun investimento de máis de 135 millóns de euros, a estrada Palas-Friol.
Candia falou sobre o valor da igualdade manifestou, referíndose a que outros partidos pretenden dar leccións: “Temos que escoitar grandes exemplos de pacotilla”. Engadiu: “Como muller, igualdade en tódolos eidos, saíndo dunha familia humilde e como muller tiven as oportunidades neste partido co único límite da militancia”.
A este respecto, durante o seu discurso sinalou que “este é un partido de xente maior, aos que lle debemos todo para que hoxe teñamos esa sociedade do benestar, e de xente moza” poñendo como exemplo á Comisión Organizadora do 18º Congreso. Nesa liña, recordou que o Partido Popular como recolle no relatorio debe “reter o talento da nosa xuventude”.
Nomeou tamén a educación e a universidade recordando que estes días o Goberno galego poñía en marcha un novo grao sobre xestión cultural. “Sobre o patrimonio cultural, non renunciamos a iso, ten que ser tamén unha gran industria”, afirmou.
A respecto do sector turístico lembrou a importante número de traballadores da hostalería e agradeceu ao conselleiro a aposta pola nosa provincia co Xacobeo. “Coa riqueza do Camiño de Santiago agardamos que nazan brotes verdes e que sigamos recuperándonos despois desta crise sanitaria”.
Candia subliñou o compromiso co medio ambiente, tal e como recollía o comunicado. “De novo a batalla das ideas e non nos deixemos enganar por ecoloxistas esaxerados: en Lugo coidamos ao noso medio ambiente. Temos verdadeiro patrimonio natural sen leccións de ninguén”. Sobre o modelo territorial, rematando así co debate das ideas exposto no Comunicado, sinalou que “é resultado dun éxito colectivo. Son mindoniense, lucense, galega e española e ese é o concepto que temos no Partido Popular”, remarcou.
Traxectoria política
Elena Candia repasou a súa traxectoria política á que lle dedicou “a mellor parte da miña vida”. Tal é así que lembrou que forma parte da formación popular dende 2003. Foi alcaldesa de Mondoñedo, voceira na Deputación e presidenta de dita institución e , na actualidade, deputada autonómica. Neste tempo, asegura, “aprendín que en política hai que ser xeneroso, mirar á cara e dicir a verdade”. “Intento ser humildade e trasladar os valores que, segundo remarcou, aprendemos do noso rural á vida política”, sentenciou.
Recoñecementos
O 18 Congreso do PP de Lugo tamén deixou momentos emotivos como os producidos nos recoñecementos e distincións realizadas. Foron os seguintes:
– Begoña Seco, xefa territorial Sanidade pola súa xestión durante a pandemia. A presidenta fixo un recoñecemento á tamén concelleira de Outeiro de Rei, á que lle pediu que trasladase o noso agradecemento ao persoal do Sergas, un agradecemento que a popular estendeu ao persoal sociosanitario e de axuda no fogar que atenden aos nosos maiores.
– Os compañeiros do PP falecidos: Manuel Capón como exalcalde de Baralla; o ex tenente alcalde Begonte, José Antonio Vázquez; Manuel Sánchez, ex tenente de alcalde de Folgoso do Courel; e Pedro Fernández Manín como extenente de alcalde de Foz.
– Tamén personalizou no pedáneo de Albeiros, José Gómez, o recoñecemento á militancia e agradeceu a participación de tódolos compromisarios.
Intervención completa
A intervención completa pode extraerse da seguinte ligazón: https://we.tl/t-DufYnfDb9F