Site icon Crónica3.com A Mariña

Dúas asociacións de veciños de Lugo percorren A Mariña co programa Coñece a túa provincia

Lugo, 21 de setembro de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo recibiu este martes no Pazo de San Marcos á asociación de veciños Alexandre Bóveda de Paradai, no marco do programa Coñece a túa provincia. Fíxoo durante a visita que este colectivo realizou á sede provincial, onde coñeceu a historia e características deste emblemático edificio. Logo, a veciñanza de Paradai viaxou á Mariña para percorreu a fábrica de Sargadelos, o paseo dos Namorados, a vila de San Cibrao e o Museo Provincial do Mar, e achegouse á carpintería de ribeira.

Pola súa banda, este martes a veciñanza da Asociación Cultural de Veciños da Residencia de Lugo (ASCORELU) foi recibida polo Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, no Centro de Produción de Audiovisuais da Deputación. Percorreron o plató e o resto de instalacións, ademais de coñecer polo miúdo o traballo que se desenvolve neste lugar. Partiron de Lugo para desprazarse tamén á Mariña, neste caso ata a localidade de Xove para descubrir a paisaxe costeira e os enclaves de Portocelo e Morás. No seu itinerario tamén pararon nos eucaliptos de Chavín e no casco histórico de Viveiro.

Nesta primeira tempada, beneficiaranse do programa Coñece a túa provincia máis de 1.200 persoas de 62 asociacións e colectivos lucenses ata o vindeiro 10 de novembro.

Exit mobile version