As saídas foron escalonadas de 10 atletas cada vez, con intervalos de medio minuto.
O club Egovarros-Viveiro desprazou a 7 atletas, acadando duas medallas de ouro e unha de bronce.
No apartado masculino a medalla de ouro foi para Domingo Álvarez, na categoría de M70, batindo o record galego, cun tempo de 21:00. A súa compañeiras Begoña de Arriba tamén se fixo coa medalla de ouro na categoría de W65 e Susana Parguiña subiu ó terceiro escalón do podium, coa medalla de bronce na categoría de W55.