“Deixa un fondo baleiro dada a súa dedicación a dita agrupación, na que practicamente leva dende rapaz alternando tanto a súa faceta de músico como en cargos directivos e, dende hai preto de catro anos, como presidente”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Vaise unha persoa íntegra e traballadora que sempre loitou por ter a Banda de Música O Landro no escalafón máis alto.
Confiemos en poder seguir adiante con ese traballo e o seu legado para poder manter esta banda centenaria.
O noso máis sentido pésame a súa viúva e fillos, irmáns e pais, así como aos compoñentes, directivos e membros da Banda Municipal O Landro.