Alfoz, 2 de setembro, 2021. O Concello de Alfoz abre o prazo de inscrición para:
1.-Programa de Conciliación: Apertura do CEIP Castro de Ouro fóra de horario lectivo.
Xa está todo preparado para o inicio dun novo curso, desde o día 9 de setembro no que empezan as clases de infantil e primaria, estarán en funcionamento os distintos servizos que o Concello de Alfoz ofrece de balde para favorecer a conciliación familiar:
Programa de madrugadores: de 7:45h a 9:30h
OES (Ocio e estudio) e Inglés: 3 horas de actividades tras o remate das clases nas que se combina o tempo de xogo e estudio, así como a merenda.
As inscricións para o programa estarán dispoñibles no Concello de Alfoz (Oficina de Rexistro) do 1 ao 7 de setembro e, sempre que haxa prazas dispoñibles se poderán incorporar alumnos/as durante a duración do curso.
Máis información e modelos de inscrición na web municipal: https://www.concellodealfoz.com (sección Actualidade).
2.-Escolas Deportivas Muncipais curso 21-22.- Modalidades deportivas de patinaxe, fútbol campo e fútbol sala.
Para nenos/as a partir de 4 anos do Concello de Alfoz. Gratuítas para os usuarios. Subvencionadas dentro do Plan Único da Deputación Provincial de Lugo para fomentar o deporte e hábitos saudables na poboación máis xove, así como valores coma a cooperación, traballo en equipo, etc. que o deporte promove.
As inscricións están dispoñibles no Concello, onde deberán rexistrarse, aínda que se entregarán tamén a todo o alumnado dos centros educativos de Alfoz en canto se inicie o curso. O prazo remata o 17 de setembro.
Máis información e modelos de inscrición na web municipal: https://www.concellodealfoz.com (sección Actualidade).
3.-Servizo de tramitación de Becas do Ministerio de Educación e solicitude de Tarxeta de bus para estudantes.
Dirixido ao alumnado de FP, BAC e Universidade do Concello de Alfoz, a Delegación de Atención á veciñanza, abre o prazo para axudar na tramitación tanto das Becas do MEC para este curso 21-22 un ano máis.
Ademais os alumnos/as que necesiten solicitar a tarxeta de bus poden acudir tamén ao Concello para facelo, neste caso son sobre todo os rapaces e rapazas que estudarán o primeiro ano de BAC ou ciclos de FP nos IES da Mariña.
No vindeiro mes, o Concello de Alfoz, publicará como é habitual as Axudas para transporte de estudantes que, unha vez rematados os seus estudos no IES Alfoz-Valadouro (Ensinanza Secundaria:ESO) tenen que continuar a súa formación fóra do concello, nos institutos da comarca. As becas ascenden ata 400€/estudante e suponen unha axuda importante para as familias do municipio.