Site icon Crónica3.com A Mariña

Este venres inaugúrse en Foz a Exposición do Consello da Cultura Galega «Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV-XVII»

Foz, 2 de setembro, 2021. A Concellería de Patrimonio e Mar do Concello de Foz trae da man do Consello da Cultura Galega a exposición «Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV – XVII».

En 2019 conmemorouse o quinto centenario da saída da expedición Magalhães/Elcano que completaría a primeira circunnavegación do planeta. A exposición «Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV-XVII» amosa as consecuencias que aquela formidable viaxe tivo para Galicia. Deu ao vello Reino da Galiza unha oportunidade de aproveitar a súa situación nas rutas atlánticas, as vantaxes dos seus portos e a tradición dos seus mariñeiros. Os Reis Católicos descartaran Galicia como núcleo da Carreira das Indias, pero os poderosos galegos aspiraban a ter parte nese xigantesco negocio. A Casa da Especiaría da Coruña foi un soño breve, pero deu a Galicia un notable protagonismo que tamén se debe celebrar.

A exposición chega a Foz o día 3 de setembro á Sala de Exposicións do CENIMA ata o día 15 de outubro. Unha oportunidade para todolos interesados en coñecer po relevamte papel da Galiza nas viaxes transoceánicas.

Exit mobile version