A convocatoria inclue os mellores atletas galegos no que vai de tempada, tanto en lanzamentos como en combinadas nas categorías sub 14-16-18-20. Desenrolarase en dobre sesión dende as 11 ata 19.30 h.
O plan de traballo consistirá tanto en exercizos na propia pista como charlas e sesións técnicas, cun parón a mediodía para o xantar.
Como director da xornada estará Raimundo Fernández Vázquez e como adestrador de lanzamento de peso José Domínguez Caballero.
Outra gran oportunidade para Brais para seguir adquirindo experiencias antes da participación os días 9 e 10 de outubro no Campionato de España por autonomías.